CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco convida a unha xornada de portas aberta con inchábeis, no último partido da tempada en Calabagueiros

Será o domingo 4 de maio no encontro ante o Verín CF, con entrada gratis para a afección valdeorresa

Inchábeis no “Partido dos Nenos” en Calabagueiros./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A tempada toca ao seu fin e o CD Barco quere rematar por todo o alto convidando, no último partido de liga en casa “a todos os pais e nenos de Valdeorras, socios, afeccionados e simpatizantes” a unha xornada de portas abertas.

Será o vindeiro domingo, 4 de maio para despedir o curso ligueiro en Calabagueiros, “unha tempada máis que notable”, aseguran dende o club, esperando poder redondear a nota nos dous partidos que quedan.

O de casa será contra o Verín CF ás 17:30 horas, onde “esperámosvos a todos para que Calabagueiros poida ruxir nun dos partidos claves da tempada”. Sempre que o tempo o acompañe, haberá castelos inchábeis para os nenos, de 16:45 a 20 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button