OurenseÚltima hora

Máis que comercio! no CCA do Ribeiro

Os clintes poderán elexir o seu comercio favorito e conseguir agasallos

Presentación da campaña de comercio en Ribadavia.
Presentación da campaña de comercio en Ribadavia.

Na mañá do 4 de agosto, a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, presentaban en Ribadavia a campaña de dinamización comercial “Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!”, que se desenvolverá en agosto no Centro Comercial Aberto do Ribeiro, e que busca impulsar as vendas do comercio de proximidade premiando a confianza dos seus clientes.

Por iso, e tal como anunciaron na presentación da campaña as persoas que merquen nos comercios asociados ao CCA recibirán durante todo o mes un cupón por cada 5 euros de compra, o que lles permitirá participar nun xogo en liña na web www.maisquecomercio.com. Nesta páxina, votando ao seu establecemento favorito, poderán optar a unha tarxeta regalo de 200 euros e dúas de 100 para mercar no comercio local, así como a diferentes agasallos achegados polo CCA e polos propios comerciantes. Ao remate do mes, o establecemento seleccionado polos clientes que participen na iniciativa, de entre os 102 comercios participantes, recibirá un recoñecemento público ao seu labor.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button