ConcellosO BarcoÚltima hora

Malestar de veciños do Barco pola demora na devolución do importe dunhas taxas municipais

Praza do Concello do Barco./ Foto: A.R.

 

Varios veciños do Barco veñen de manifestar o seu malestar pola tardanza do Concello na devolución do importe dunhas taxas correspondentes ás Escolas Deportivas Municipais. “Levamos dende o 2019 reclamando ao Concello de O Barco a devolución das taxas que foron solicitadas en tempo e prazo axeitado. As respostas que nos dan son que non hai que sen ocupe deste tema, falta unha sintura e a persoa está de baixa, non o pode firmar outra, non nos mandan substitutos, etc.,etc”.

Tamén lles indicaron que “ao mellor non devolven o importe íntegro dado o tempo transcorrido”. Estes veciños din que esta situación lles parece “unha tomadura de pelo” e xa presentaron en maio no Concello un escrito dixirido ao alcalde do Barco no que expoñen as súas reclamacións e solicitan que, “debido á gran demora producida, realice as xestións necesarias de inmediato para que se reintegren os importes das taxas abonadas por cada unha das solicitantes”.

 

Artigos relacionados

Back to top button