SanidadeÚltima hora

Mañá comezará a vacinación ao persoal sanitario da Área de Ourense, Verín e O Barco

Entre o mércores 13 e o venres 15 citarase a 2.500 profesionais, priorizando o servizo/ exposición do persoal, así como a especial vulnerabilidade e risco dos seus pacientes

 

Na xornada de mañá, mércores 12 de xaneiro, comezará a vacinación contra o Covid-19 aos profesionais sanitarios da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco que, segundo adiantan dende o Sergas, afectará a 2.500 persoas que serán citadas (vía sms) para tres días (mércores, xoves e venres).

Para mañá están citados un total de 1.000 profesionais en varios puntos de vacinación: os tres hospitais e os servizos de Atención Primaria da área.

Ata o de agora só se estaba aplicando a vacina a usuarios e traballadores das residencias de maiores, e segundo os datos facilitados pola Consellería de Política Social son 30.400 as doses aplicadas, máis dun 80% das remesas que recibiu. A previsión é que esta semana conclúa a primeira das dúas doses da vacina nos xeriátricos da comunidade libres de gromos de infección de coronavirus, para proceder, a continuación, coa segunda e última rolda.

Tal como explican dende o Sergas, a vacinación desta primeira fase do persoal sanitario “non é por categorías profesionais senón por servizo/ exposición del persoal, ou pola especial vulnerabilidade e risco dos seus pacientes: UCI, REA, Oncoloxía, Hematoloxía…”, é dicir segundo o servizo ou a función que desenvolvan.

 

Artigos relacionados

Back to top button