
A través dun bando municipal, o Concello do Barco vén de informar de que mañá martes 25 de xuño de 2024, entre as 9 e as 14 horas, e “co fin de conseguir o coñecemento pola poboación dos Plans de Emerxencia das Presas de Casoio e Pumares” (Carballeda de Valdeorras, vaise facer unha “proba de son” que será audible dende os seguintes emprazamentos do termo municipal: Candís, Éntoma, Coedo, A Barxa, O Chao, Veigamuíños, A Proba e Viloira.
Dende o Concello tamén se matiza que “ao tratarse dunha proba, a poboación non deberá facer nada especial ao escoitala, nin alarmarse polo son que puidera producir”.