En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O manexo dos sistemas de comunicación en situacións de emerxencia, analizado en Vilamartín

Protección Civil de Manzaneda e o Grupo de Radioafeccionados de Trives impartían unha charla divulgativa que terá continuidade con novas accións formativas

A importancia das comunicacións e do seu axeitado manexo á hora de afrontar unha emerxencia ou un operativo ou preventivo eran a temática central da charla divulgativa que a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda e o Grupo de Radioafeccionados de Trives impartían na tarde do 2 de outubro na base de Protección Civil de Vilamartín.

A esta actividade acudían os xefes de agrupación de Protección Civil do Barco, A Veiga, Ribas de Sil, A Rúa, Manzaneda e Vilamartín. “Foi unha primeira toma de contacto para expoñerlles esta cuestión aos xefes das agrupacións, pero haberá máis xuntanzas para ir abordando máis cuestións interesantes. Se hai algunha agrupación máis que queira acudir e participar, pode facelo”, sinala José María Valladares dende o Grupo de Radioafeccionados de Trives.

No decurso desta primeira sesión tocábanse cuestións como as frecuencias, os códigos e os sistemas anolóxico e dixital. “A rede dixital e a analóxica son complementarias. Por exemplo, se case o sistema telefónico nunha situación de emerxencia, como sucedía este ano en Portugal cos incendios, podes botar man do sistema de comunicacións analóxico”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button