OurenseÚltima hora

Manifestación en apoio da hostalaría o 26 de novembro en Ourense

 

A hostalaría ourensá volverá saír á rúa o xoves 26 de novembro para defender o sector ante a situación, afectado de cheo polas restricións sanitarias fronte ao Covid. Está convocada unha manifestación que partirá ás 20h. da praza Maior de Ourense, cun percorrido que logo seguirá polas rúas do Paseo, a Subdelegación do Goberno, a Avenida da Habana, Juan XXIII, Progreso e Alameda ata finalizar, novamente na praza Maior onde se dará lectura a un manifesto.

Esta acción reivindicativa está convocada por Cociña Ourense, Véxoto nos viños, a Unión de Hosteleiros Ourensáns e pola Asociación de Hostalaría e Restauración de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button