A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) emite un novo aviso amarelo por chuvia e vento na montaña da provincia de Ourense para mañá 20 de outubro. A partir das 11h. espérase unha precipación acumulada de 40 l/m2 en 12 horas.
Tamén se prevén rachas máximas de vento de 80 km/h de componente sur entre as 17h. e as 22h., cunha probabilidade de entre o 40 e o 70%.
