ConcellosÚltima hora

Manu Tenorio e Efecto Pasillo, protagonistas das festas patronais de Ribadavia

O Concello organiza os festexos na honra á Virxe do Portal, no mes de setembro

As festas patronais da honra á Virxe do Portal que, un ano máis, serán organizadas polo Concello de Ribadavia, a través da súa Concellería de Cultura e Turismo, tratan de recuperar o antigo esplendor e tradición que tiveron noutras épocas, sendo unha actividade de carácter lúdico e festivo de referencia na comarca e na provincia.

Con ese obxectivo, na mañá do 16 de maio o alcalde, José Ignacio Gómez, presentaba as principais actividades que terán lugar do 8 ao 10 de setembro, como son os concertos que darán Manu Tenorio e Efecto Pasillo.

A noite do venres día 8 de setembro, a partir das 23 horas, no palco da Alameda de Ribadavia actuará Manu Tenorio. O cantante andaluz, participante na primeira edición de Operación Triunfo, ofrecerá un concerto gratuíto para goce do público que se achegue a Ribadavia. Ao día seguinte, sábado 9 de setembro, será o turno do grupo canario Efecto Pasillo, que dende ás 23:30 horas, no patio do IES O Ribeiro, fará bailar e desfrutar ao público. As entradas deste concerto custarán 5 euros e poranse á venda no mes de xuño.

Tanto os concertos como o resto de actividades da programación das festas deste ano “están destinados a todos os públicos, pretendendo que toda a familia poda gozar e participar da festa”, aseguran dende o Concello de Ribadavia.

 

O alcalde de Ribadavia, José Ignacio Gómez, na presentación dos concertos.

Artigos relacionados

Back to top button