DeportesKárateÚltima hora

Manuel, Eric e Leyre (KC River Stone) entre os máis de 900 karatekas que competiron na final da liga nacional

Nicolás Rodríguez cos pequenos karatekas, Manuel, Eric e Leyre.

 

Non pudo ser. Máis de 900 karatekas participaban esta fin de semana na final da Liga Nacional de Karate celebrada na Coruña, entre eles tres valdeorreses do Club River Stone do Barco que finalmente non conseguían subir ao podio.

Manuel Blanco, Eric Rodríguez e Leyre Paradelo competían na modalidade de kata benxamín logo de quedar entre os 12 primeiros da súa categoría pero, segundo explica o sensei, Nicolás Rodríguez, non chegaban á final nas mellores circunstancias. “Os resfriados pasaron factura, un deles ata acabou en urxencias, aínda que ningún abandonou a competición”, di, destacando que esta cita “serviulles para gañar esa experiencia que aínda non lles deu tempo a adquirir xa que son benxamíns, Leyre cos seis anos recén cumpridos”.

Por iso, dende o club valoran de “moi positiva” a experiencia, asegurando que están “moi orgullosos” dos pequenos por ter chegado ata aquí. Ademais, dan  “un punto a favor da federación galega cuxo traballo se está vendo reflectido tamén na celebración deste tipo de eventos en territorio propio”, conclúen dende o KC River Stone.

Artigos relacionados

Back to top button