O comité electoral do PPdeOU aprobou o 23 de febreiro de 2023 o nomeamento dos 92 candidatos populares para as eleccións municipais do vindeiro 28 de maio. O presidente provincial, Manuel Baltar, amosa a súa satisfacción polo funcionamento interno do Partido que preside: “Sempre estou profundamente orgulloso do funcionamento do PPdeOU, nesta ocasión co Comité Electoral presidido por José Luis Valladares e que designou os 92 candidatos populares dos nosos concellos e ao candidato a presidente da entidade local menor de Berán -Avelino Carballal- de xeito unánime”.
“O Comité Electoral tivo en conta as propostas recibidas polas xuntas locais e a experiencia de xestión política durante todos estes anos”, sinala Manuel Baltar, destacando que “estes candidatos referendan a capacidade de traballo e planificación do PPdeOU, unha vez máis a primeira formación política da provincia en contar cos cabezas de lista de todos os nosos concellos”.
Os 92 candidatos, explica Manuel Baltar, “están preparados e traballan para conformar equipos, propostas de goberno, programas electorais e, sobre todo, para gobernar”. E remarca os obxectivos de cara o vindeiro 28 de maio: “Queremos o récord de alcaldías e queremos a maioría absoluta na Deputación de Ourense. Dúas metas que debemos demostrar estes meses: porque no PPdeOU temos proxecto, temos xestión e temos persoas que encarnan estes proxectos de futuro nos 92 concellos e a entidade local de Berán”.
Unha renovación do 32% dos cabezas de lista
O PPdeOU afronta as eleccións municipais do 28 de maio cunha renovación nas cabezas de lista do 32% -nos concellos, 29 candidatos dos 92 son novos respecto á convocatoria do ano 2019-. “Esta renovación das listas é o noso mellor aval de funcionamento, de estar sempre en perfecta disposición para solicitar a confianza dos veciños nunhas eleccións tan importantes coma as do 28 de maio”, reivindica Manuel Baltar, que mantivo un encontro na sede provincial cos novos candidatos.

Estes son os 92 candidatos do PPdeOU para as eleccións municipais do vindeiro 28 de maio:
.Allariz Luz Doporto Real
.Amoeiro José Sampayo Fernández
.A Arnoia Rodrigo Aparicio Santamaría
.Avión Antonio Montero Fernández
.Baltar José Antonio Feijóo Alonso
.Bande Sandra Quintas Vázquez
.Baños de Molgas Manuel Ángel Fernández Movilla
.Barbadás María Consuelo Vispo Seara
.O Barco de Valdeorras Manuel Núñez Fernández
.Beade Fernando Taboada Guntín
.Beariz Manuel Prado López
.Os Blancos José Manuel Castro Blanco
.Boborás Ana Patricia Torres Madureira
.A Bola María Teresa Barge Bello
.O Bolo Antonio López Sánchez
.Calvos de Randín José Antonio Valencia Valencia
.Carballeda de Avia Marcos Ríos Alén
.Carballeda de Valdeorras María del Carmen González Quintela
.O Carballiño Lino González García
.Cartelle Jaime Sousa Seara
.Castrelo de Miño Avelino Pazos Pérez
.Castrelo do Val Francisco Silva Prieto
.Castro Caldelas César Enríquez Diéguez
.Celanova Pablo Pérez Pérez
.Cenlle Rebeca Sotelo Fernández
.Chandrexa de Queixa Francisco Rodríguez Rodríguez
.Coles Francisco Javier Fernández Lozano
.Cortegada Avelino Luis de Francisco Martínez
.Cualedro Luciano Rivero Cuquejo
.Entrimo José Albino Bastos Rodríguez
.Esgos Mario Rodríguez González
.Gomesende Pura Rodríguez Álvarez
.A Gudiña José María Lago Cabo
.O Irixo Manuel Cerdeira Lorenzo
.Larouco Patricia Lamela Rodríguez
.Laza José Ramón Barreal Novo
.Leiro Francisco José Fernández Pérez
.Lobeira Antonio Iglesias Álvarez
.Lobios María del Carmen Yáñez Salgado
.Maceda Rubén Quintas Rodríguez
.Manzaneda Pedro Yáñez Salgado
.Maside Ignacio Campo González
.Melón Manuel Alberto Pardellas Álvarez
.A Merca Manuel Garrido Sampedro
.A Mezquita Jesús Río Piornedo
.Montederramo Marco Carballal Ferreño
.Monterrei José Luis Suárez Martínez
.Muíños Plácido Álvarez Dobaño
.Nogueira de Ramuín Julio Carlos Temes Pereira
.Oímbra Ana María Villarino Pardo
.Ourense Manuel Jaime Cabezas Enríquez
.Paderne de Allariz Manuel Pérez Nóvoa
.Padrenda Manuel Pérez Pereira
.Parada do Sil Finamor Fernández García
.O Pereiro de Aguiar Luis Menor Pérez
.A Peroxa Manuel Seoane Rodríguez
.Petín Carlos Goñi Garrido
.Piñor José Luis González Rodríguez
.A Pobra de Trives Roberto González Castro
.Pontedeva Juan Carlos González Carbajales
.Porqueira Susana Vázquez Dorado
.Punxín Manuel Vázquez Fernández “Casalta”
.Quintela de Leirado José Antonio Pérez Cortés
.Rairiz de Veiga Camilo Fernández Freire
.Ramirás Juan Carlos Rodríguez Matías
.Ribadavia César Manuel Fernández Gil
.Riós Eva Barrio López
.A Rúa Álvaro José Fernández López
.Rubiá Elías Rodríguez Núñez
.San Amaro Fernando Rodríguez Redondo
.San Cibrao das Viñas Marta Nóvoa Iglesias
.San Cristovo de Cea José Luis Valladares Fernández
.San Xoán de Río Xosé Miguel Pérez Blecua
.Sandiás José Francisco Santana Doval
.Sarreaus Gumersindo Lamas Alvar
.Taboadela José Antonio Paz Prieto
.A Teixeira Miguel Antonio Cid Álvarez
.Toén Ricardo González Gómez
.Trasmiras Emilio José Pazos Ojea
.A Veiga Juan Anta Rodríguez
.Verea José Antonio Pérez del Río
.Verín Lara Da Silva Rodríguez
.Viana do Bolo Andrés Montesinos Rodríguez
.Vilamarín Amador Vázquez Vázquez
.Vilamartín de Valdeorras José Pinto Álvarez
.Vilar de Barrio Óscar Seguín Lamelas
.Vilar de Santos Remedios Cid Márquez
.Vilardevós Adriana Álvarez Delgado
.Vilariño de Conso Melisa Macía Domínguez
.Xinzo de Limia Antonio Fernández Veiga
.Xunqueira de Ambía José Luis Gavilanes Losada
.Xunqueira de Espadanedo Carlos Gómez Blanco