A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Manuel Rodríguez e Nabor Suárez (A Rúa) recollen as medallas de bronce ao Mérito de Protección Civil

 

Na mañá deste sábado 29 de xuño celebrábase na Estrada, o acto de entrega de medallas ao Mérito de Protección Civil, no que estivo acompañado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo. No acto concedéronse as distincións outorgadas en 2023 e en 2024, recoñecendo así a 79 voluntarios que cumpriron 25 anos de servicio, e entregándose 21 medallas de bronce, 8 medallas de prata -unha delas a título póstumo- 3 placas de prata e 2 medallas de ouro: unha do ano 2023 para Manuel Silva (a título póstumo) e unha do ano 2024 para Carlos García Touriñán.

Entre os asistentes estaban os membros de Proteccion Civil A Rua que recollían varias medallas. Manuel Rodríguez Ortega e Nabor Suárez Couso que convertíanse en protagonistas ao recibiren a medalla de bronce de Protección Ciivil por servizos e actuacións excepcionais. No caso de Nabor unha delas foi a rápida actuación no atragantamento dunha veciña da Rúa durante o magosto.

 

 

Pilar Álvarez Pérez e José Luis Dos Anxos García recibían sendas medallas á permanencia de 25 anos na agrupación.

Durante o acto, no que os voluntarios estiveron acompañados por membros das corporacións municipais (no caso da Rúa, estaba a propia alcaldesa María G. Albert e varios membros da oposición), o presidente da Xunta asegurou ter “moitas razóns para estar orgullosos da nosa Protección Civil, eses milleiros de persoas que traballan como en ningunha outra comunidade autónoma”, ao mesmo tempo que resaltou o incremento de voluntarios nos últimos anos.

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button