Cunha actuación moi especial festexaba Manzaneda este sábado 13 de maio as Letras Galegas. Danza, música e cantos tradicionais galegos para conmemorar o Día das Letras Galegas en Manzaneda.
Esta tarde a pista situada debaixo do colexio convertíase en escenario da actuación de baile tradicional galego e cantos da Asociación A Pinguela de Manzaneda. Ademais podía desfrutarse dun concerto da coñecida Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela e que conta cunha dilatada traxectoria que supera os cen anos.
Fotos e vídeos cedidos.