
De maneira conxunta os concellos de Manzaneda, Chandrexa de Queixa e San Xoán de Río veñen de asinar un convenio para o subministro de fundentes coa Deputación de Ourense, a través do cal, na primeira semana de 2021 toneladas de sal chegarán aos tres municipios para poder ser usadas na rede local de estradas. Ademais deste xeito preténdese mellorar a coordinación á hora de limpar as estradas e esparexer o sal.
“É imprescindible a coordinación entre administracións para que toda a rede viaria estea nas mellores condicións. Os nosos veciños non entenderían que nun mesmo concello unhas estradas estean en boas condicións e outras en malas en días de neve ou xeo porque corresponden a administracións distintas. A rede viaria ten que ser transparente para o usuario e que todos traballemos da man para evitar riscos nas estradas”, indica o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez.
