ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Manzaneda e Larouco reciben a visita da conselleira do Medio Rural

No primeiro concello achegouse ata o centro da 3ª idade e no segundo asinou un convenio relativo ao desbroce do monte

Dous concellos do oriente ourensán, recibían na mañá do 7 de agosto, a visita institucional da conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez.

Acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, a primeira parada era no concello de Manzaneda onde guiados polo alcalde Félix Domínguez e o voceiro municipal do Partido Popular, coñeceron o proxecto de “mellora das condicións enerxéticas e de confort térmico, salubridade e benestar no coidado de persoas maiores” na residencia municipal da terceira idade Gabino García. “Trátase dunha iniciativa promovida pola entidade local, que recibiu unha achega de fondos Leader de 134.922 euros para un investimento total de preto de 150.000 euros”, explicou a conselleira. As obras consisten no cambio dunha caldeira e a instalación dun sistema de renovación e extracción de aire. “Ademais de optimizar as condicións dos residentes tanto no verán coma no inverno, con estes labores acadouse un aforro de combustible de máis de 12.000 euros/ano”, dixo Vázquez.

 

O alcalde de Manzaneda Félix Dominguez explicándolle as obras á conselleira.

A segunda parada da mañá para a conselleira era no concello de Larouco. Foi recibida polo alcalde Joaquín B. Prieto para asinar un convenio de colaboración para “fomentar a limpeza de matogueira mediante a adquisición por parte do Concello dun tractor e dous apeiros para rozar (unha trituradora e outro de brazo)”. Medio Rural achegará un total de 102.850 euros para apoiar esta iniciativa mentres que a entidade local aportará outros 32.000 euros. Este convenio enmárcase nos acordos establecidos pola consellería con diferentes entidades locais galegas co fin de dotalas de maquinaria para a xestión da biomasa nos seus territorios. A día de hoxe son arredor de medio cento os concellos da Comunidade dotados con tractor para a roza.

 

A conselleira do Medio Rural Ángeles Vázquez co alcalde de Larouco Joaquín Prieto, diante do Cocnello.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button