ConcellosManzanedaÚltima hora

Manzaneda organizará en abril un curso de primeiros auxilios no medio natural

O Concello de Manzaneda organizará no vindeiro mes de abril un curso semipresencial de primeiros auxilios no medio natural, con 50 horas lectivas en liña e 20 presenciais de prácticas en montaña.

Esta acción formativa impartirase, por parte de UlloadeSalvamento, os días 18, 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de abril (en liña), mentres que as prácticas están previstas para o 8 de maio. O instrutor será Antonio Ulloa, licenciado en Medicina e Cirurxía e instrutor de búsqueda e salvamento en montaña.

 

 

 

Esta acción formativa vai dirixida a monitores de animación e tempo libre, guías de escalada en media e alta montaña, monitores deportivos e de turismo activo ou a profesionais de actividades no medio natural.

Artigos relacionados

Back to top button