ConcellosManzanedaÚltima hora

Manzaneda rexistra 45 casos activos de Covid, 3 máis que onte

 

Lixeira repunta nos casos activos de coronavirus en Manzaneda. Así, segundo os datos feitos públicos esta mañá pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte), este municipio rexistra 45 positivos, o que supón 3 máis que onte.

En canto ao resto dos concellos da Área do PAC de Trives, Trives ten 8 positivos (1 máis que onte) mentres que San Xoán de Río permanece libre de virus dende o pasado 14 de febreiro.

733 casos activos na provincia, 30 deles en Viana

A día de hoxe Ourense ten 733 casos activos, Verín 59, Xinzo 58 e Viana do Bolo 30, entre outros concellos con positivos, segundo informa a Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button