
O casco vello de Petín acollerá a comezos de setembro a III edición da Mostra de Artistas da Comarca, MARCO 2022, que contará con obras pictóricas e esculturais de seis artistas de diferentes localidades de Valdeorras.
Así, do 2 ao 4 de setembro, os asistentes á mostra poderán desfrutar da arte de Pedro Dobao, Enrique Fdez. Prada ‘Enris’, Xelo de Tremiñá, Roberto Álvarez e Orde Caos. Ademais, no 100 aniversario do seu nacemento (1922-2022), as empedradas rúas de Petín acollerán unha gran selección da obra de Jesús Díaz Ferrer.
Á exposición ao aire libre asistirá Francisco Pablos Holgado, membro da Real Academia Galega das Artes.