CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

María do Ceo conquista ao público, na Veiga

A cantante de fados daba un exitoso concerto na noite do 2 de agosto

Coa actuación da raíña do fado, María do Ceo, comezaba o mes de agosto na Veiga. Interpretando algúns dos seus temas máis coñecidos e moi ben acompaña, a cantante portuguesa residente en Galicia conquistaba ao público que enchía a praza na noite do 2 de agosto.

Considerada a sucesora de Amália Rodrigues por moitos críticos, a súa é sen embargo, unha traxectoria única na que se funde a melancolía do portugués coa dozura do galego. Dúas características que traslada á súa música e que comparte co público en cada actuación.

O seu concerto é unha das moitas actividades programadas polo Concello da Veiga neste “verán de altura”, que inclúen dende visitas guiadas ata competicións deportivas, pasando por concertos e observacións.

Fotos: Ares Pérez.

Artigos relacionados

Back to top button