CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Marilia, ex compoñente do grupo Ella baila sola, ofrecerá un concerto en Trives no marco do 8M

 

M de Marzo, M de Muller, M de Marilia. Este é o lema do cartel que anuncia o concerto que terá como escenario A Pobra de Trives este venres 22 de marzo. A excompoñente de Ella baila sola e compositora de cancións que forman parte da historia do pop como Cuando los sapos bailen flamenco, ofrecerá unha actuación no Auditorio Julio Vázquez, a partir das 19.30 horas e no marco da programación do 8M.

Marilia compuxo a súa primeira canción con 11 anos e tras o éxito coa súa primeira banda publicou os discos Subir una montaña (2012) e Infinito (2017). Una cueva en el infierno foi o adianto do seu terceiro disco como Marilia e que leva por titulo Bailar conmigo.

O concerto de Marilia pechará na Pobra de Trives un completo programa de actos polo Día da Muller no que se incluíu a instalación de dous novos bancos morados con mensaxes feministas na Praza da Igualdade. O Concello pretende reivindicar os dereitos dan mulleres neste espazo tan significativo no que xa podía verse dende o 2021 un mural pintado por Mamen Bazarra, La niña del arcoíris, en recordo ás vítimas de violencia de xénero.

Con esta programación, na que tamén se incluíu un monólogo que visibilizou a existencia dos micromachismos e a proxección do coloquio do documental “Amanezca” de Lucía Álvarez, entre outras propostas, o Concello da Pobra de Trives pretende “seguir traballando en favor da igualdade e dar visibilidade a unha loita que debe implicar a toda a sociedade”.

Artigos relacionados

Back to top button