En portadaPolíticaÚltima hora

Marina Ortega: “Teño que poñer en valor todo o traballo e esforzo que fixemos dende o PSdeG”

A cabeza de lista pola provincia de Ourense compareceu na noite electoral acompañada de Rafael Villarino, Carmen Rodríguez e Juan Carlos Francisco

 

A cabeza de lista do PSdeG-PSOE pola provincia de Ourense, Marina Ortega, comparecía tras coñecer os resultados electorais deste 12X e aseguraba que “teño que poñer en valor todo ese traballo e esforzo que fixemos por parte do PSdeG-PSOE, e todo ese proxecto que foi traballado durante todo este tempo. Elaboramos un proxecto de avance para a nosa provincia e para Galicia, pero sen dúbida seguiremos empeñados en conseguir ese avance”.

 

 

Ademais, quixo agradecer o traballo da militancia. “En Ourense, a pesar da vitoria do PP, logramos conseguir resultados mellores que os das anteriores eleccións. Ademais, quero poñer en valor o aumento porcentual que tivemos. E dar todo o noso o apoio, hoxe máis que nunca, polo traballo arreo que desenvolveu o noso candidato, Gonzalo Caballero, que é incuestionable, e sen dúbida algunha, fará o traballo fundamental e prioritario na oposición dende o Parlamento de Galicia”, defendía a candidata.

Pola súa banda, o secretario provincial do PSdeG-PSOE, Rafael Rodríguez Villarino, quixo tamén agradecer o esforzo da militancia. “É unha das poucas veces que nesta cidade, todas as mesas, a pesar da situación da Covid-19, estaban atendidas. Foi un traballo impecable e loitaron coma nunca”, afirmaba.

 

Rafael Rodríguez Villarino durante a súa intervención.

 

Ademais, tamén facía alusión aos resultados acadados: “Hai un proxecto de provincia e ademais viuse notificado, pola nosa banda, nos resultados. O PP perdeu 13.000 votos, e ademais é a primeira provincia de Galicia onde baixa en representación, de 9 a 8, e nós estamos nunha situación de empate técnico co BNG”.

 

Juan Carlos Francisco durante a súa intervención.

 

Por último, o senador Juan Carlos Francisco quixo felicitar ao conxunto nacionalista: “O resultado é lexítimo e absolutamente demostrativo de como é a vontade do pobo. Tamén queremos felicitar ao BNG polo seu resultado, que pon de manifesto que fixo un bo labor, especialemente en clave ourensá, onde triplican os resultados”.

Fotos: Carlos G. Hervella agás a última da galería.

Deputados obtidos polas provincia de Ourense no 12X

Fonte: Xunta de Galicia.

 

Deputados obtidos por partido político en Galicia

Fonte: Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button