A VeigaConcellosÚltima hora

Marmelada de Arandos, novo produto da marca ‘Sabores de Trevinca’, na Veiga

 

Tal como informan dende o Concello, no municipio da Veiga hai xa máis de 20Ha de plantacións de arandos que se extenden nas zonas de Vilanova, cos produtores Jéssica Barreda e Vilaberries SAT; e Valdín, onde se atopa a explotación de Alberto Murias.

“Dende fai un par de meses dous deles deron comezo a elaboración da marmelada de arandos no CIMA  (Centro de Iniciativas Municipais da Veiga). Elisa Morquillas e Alberto Murias elaboran no centro unha primeira produción cun total de 2.500 botes xa dispoñible para a venda”, indican dende o Concello, destacando que debutaron na edición deste ano de Xantar baixo a marca ‘Sabores de Trevinca’; e na Exposición Agrícola- Gandeira que se celebrou na Veiga o pasado mes de outubro, destacando a boa acollida do produto en ambas exposicións, por parte dos compradores.

 

 

“Recentemente inversores do sur, da zona de Andalucía manifestaron o seu interese en establecer plantacións a gran escala no termo municipal da veiga, dadas as condicións climatolóxicas favorables e as amplas  extensións de terra”, din dende o Concello, avanzando que o Centro de Iniciativas Municipais da Veiga “pon as súas instalacións a disposición de todos produtores que queiran elaborar produtos de carácter local baixo a marca ‘Sabores de Trevinca’, así xa se colaborou co almacén, obrador e clasificación durante este verán”.

Este novo produto únese ao xa asentados dentro da marca, o mel Montañas de Trevinca, Faba Loba das Montañas de Trevinca e o queixo Cumbres de Trevinca, elaborado tamén nunha queixería situada na Veiga.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button