A VeigaConcellosEntroido 2022Galerías de fotosÚltima horaVídeos

Martes de Entroido pasado por auga na Veiga

 

Un ano máis e para non perder o costume, o desfile do Martes de Entroido na Veiga estivo marcado pola chuvia que caía de forma intermitente ao longo da mañá. Algo que non impediu que os participantes (menos que noutras ocasións) percorresen a vila nunha animada comitiva que saía da zona escolar e remataba no centro do pobo.

 

Un Charrelo no desfile da Veiga.

 

A primeira en saír era a comparsa das Mulleres Rurais, coma sempre con femosos e elaborados traxes e tampouco faltaron os “Hippies das Escolas Niño” nin os piratas. Coma sempre era o Fulión da Veiga, o encargado de pechar o desfile, acompañado por dous Charrelos e a Morte. Nesta ocasión non síron os Bois.

 

Outra das figuras do Entroido na Veiga.

 

Normalmente o broche á xornada poñíao a Festa da Soá que reunía a centos de persoas no pavillón, pero este ano por mor da pandemia non se fixo. O que si houbo foi un xantar no pavillón (elaborado e servido por Mantesil), para os participantes no desfile.

Con todo, o Entroido non rematará na Veiga ata o vindeiro sábado 5 de marzo co encontro de folións a partir das catro da tarde.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver excepto as oito últimas da galería que son cedidas.
Vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button