Última hora

Masterclass de Champagne no Castelo de Santa Cruz en Oleiros (A Coruña)

Luis e Alejandro Paadín con Jordi Melendo./ Foto: Paadín Eventos.

 

Champagnes de 13 municipios diferentes con categoría de Grand Cru, Premieur Cru e Cru degustaranse o 8 de novembro ás 19:30h. na Masterclass de Champagne que se impartirá no Castelo de Santa Cruz en Oleiros (A Coruña). A convocatoria resultaba un auténtico éxito e as 30 prazas da actividade esgotáronse en 2 horas. Unha hora despois xa había unha lista de espera de máis de 30 prazas.

E non é para menos. “É un evento único que levará aos presentes a unha viaxe pola rexión de Champagne dunha maneira diferente, a través dos seus viños veranse as 12+1 “Maisons e Vignerons” de Champagne”, explican dende a organización. Así poderán degustarse: Abelé 1757 – Alexandre Penet – Aspasie – Colette Bonnet – Drappier – J. Charpentier – Lallier – Lanson – Louis Dousset – Philippe Gonet – Pierre Mignon – Remi Henry – Thiénot.

Os Champagnes acompañaranse con harmonías de bocados con Mexillón de Galicia en 6 elaboracións.
Coa implicación necesaria do Chef Miguel Mosteiro – GatroLab e OPMEGA

A master class estará impartida por:
• Alejandro Paadín, que se encargará das subregiones Montagne de Reims – Vallée da Marne – Côte deas Blancs – Côte deas Bar.
• Jordi Melendo , os Cépajes: Chardonnay – Pinot Noir – Pinot Maunier – Arbane – Petit Meslier e Pinot Blanc.
• Luís Paadín, Mellésimes : 2017 – 2014 – 2012 – 2011 – 2009.

Este é un evento organizado por Paadín Eventos & Jordi Melendo, contanco co patrocinico das 12+1 “Maisons e Vignerons” de Champagne e OPMEGA (Organización De Produtores Do Mexillon De Galicia).
Colabora o CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) e Amorim Cork.

“Este evento só é posible grazas á amizade de tres amigos, Embaixadores Oficiais do CIVC (Comité Interprofessionnel du vin de Champagne) xa que os tres foron campións de España do Concurso Europeo de Embaixadores de Champagne”, comentan os promotores. Trátase de Luís Paadín – 1º Ambassadeur du Champagne en España 2005, Jordi Melendo – Ambassadeur du Champagne en España 2011 e Alejandro Paadín – Ambassadeur du Champagne en España 2014.

Artigos relacionados

Back to top button