Os Reis Magos chegaban onte a Castro Caldelas nunha espléndida tarde de sol para ledicia dos centos de persoas e multitude de nenos que os esperaban. Ante, a partir das 16h comezaban diversas actividades dirixidas aos máis pequenos como inchables, talleres de pintacaras e globoflexia, paracaídas, xogos variados, Música e a actuación do Mago Xoel. Mentres os rapaces disfrutaban, Melchor, Gaspar e Baltasar visitaban a Residencia da Terceira Idade da vila para saudar, acompañar e cantar cos residentes e persoal. Con caramelos e roscón, acompañado dunha boa chocolatad, foron obsequiados todos pola alcaldesa e acompañantes.
E unha vez rematados os actos cos maiores, as súas Maxestades de Oriente percorreron a rúa principal da vila, agasallando con caramelos a toda a xente ata chegar a Praza do Prado, onde se atopaban centos de persoas e numerosos rapaces, que recibiron con gran alegría aos Reis Magos.
Caramelos, desexos entregados en forma de carta ou de palabra ás súas Maxestades e moitas fotografías, para que, seguidamente, os Reis e os axudantes agasallaran a cada neno cun regalo.
Finalmente servíase un chocolate elaborado de xeito artesán con 50l. de leite acompañado da bica manteigada de Castro Caldelas para todos os asistentes.
Fotos cedidas.