En portadaÚltima hora

Maxia, música, un xantar popular e unha feira, nas festas de agosto no Bolo

Desenvolveranse do 12 ao 16 na horna a Nosa Señora

Imaxe do novo espectáculo do Mago Teto./ Cedida.

 

Do 12 ao 16 de agosto O Bolo vivirá por todo o alto as súas festas patronais na honra á Nosa Señora. Un programa elaborado pola comisión de festas, en colaboración co Concello, que incluirá un xantar popular, un espectáculo de maxia, unha feira histórica e moita música.

A programación comezará o sábado día 12 en torno ás 14 horas cun xantar a base de paella e degustación de xamón. O prezo é de 10 euros e as entradas están á venda no Restaurane Volobriga e na propia comisión de festas.

 

 

Ao día seguinte, domingo día 13 ás 18 horas será o momento da maxia coa actuación do Mago Teto, natural de Viana do Bolo, no recinto do Castelo; e para o luns día 14 está prevista a “I Festa Irmandiña do Bolo” a partir das 11 horas nas inmdiacións do Castello, con música popular e verbene a cargo da Disco Móbil Danzalia “A Pimentoneta”.

Así chegaremos aos días centrais da festa, 15 e 16 de agosto. O martes 15 haberá pasarrúas pola mañá a cargo da Banda de Gaitas Abertal. A misa na horn á Asunción da Virxe será ás 13 horas seguida da procesión co Santísimo; e pola tarde e noite o baile correrá a cargo do grupo Yukatán e da Disco Móbil Danzalia “A Pimentoneta”. E xa o mércores 16, pola mañá será a charanga El Tatoo quen faga o pasarrúas, mentres que o baile de tarde e noite será por conta da orquestra Galilea de novo pola Disco Móbil Danzalia “A Pimentoneta”.

Artigos relacionados

Back to top button