ConcellosQuirogaÚltima hora

Meco e Pampórnigas danzan na procesión da Romaría da Ermida (Quiroga)

 

O Meco e as Pampórnigas reaparecían de novo neste sábado 9 de setembro para acompañar á Virxe na procesión da romaría da Ermida (Quiroga). O mesmo que acontecía onte, a partir das 13h. a procesión coa Virxe dos Remedios, precedida polas danzas das citadas figuras, percorría a localidade. Era portada polas mulleres, ataviadas co traxe tradicional galego, mentres soaba a música.

 

 

Despois da procesión e da misa, durante a cal o Meco facía das súas no adro, revolvéndose contra os veciños coa súa vara de toxos, tiña lugar unha sesión vermú con Talismán e, pola noite, soará a Disco Móbil Eme Music. A tradicional Romaría da Ermida volve a ser un punto de encontro para veciños e visitantes na segunda fin de semana de setembro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button