A VeigaConcellosÚltima hora

Meda (A Veiga) recupera as festas na honra de Santa María

Celebraranse os días 25 e 26 de agosto cun completo programa de actividades

 

Co paso da pandemia, e con ganas de recuperar as nosas tradicións e celebracións, os veciños de Meda (A Veiga) preparanse para recuperar a súa festa, na honra de Santa María. As celebracións, coma viña sendo habitual, terán lugar os días 25 e 26 de agosto. Tras moito esforzo, a comisión decidiu recuperar estos actos que reúnen a familia e amigos “O que queremos e recuperar ese espírito de felicidade a Meda, tras o paso da pandemia”, explican.

Ademais, dende a comisión animan a toda a xente a “que veña a disfrutar das festas, e a participar nas actividades”, cunha ampla programación para tódolos públicos. A comisión apunta: “Non e doado sacar unha festa adiante, e menos este ano coma están as cousas. Polo tanto e fundamental o apoio de todos e todas para non perder as nosas festas”, din dende a comisión.

A programación proposta para este 2022 será a seguinte:

Día 25 de agosto (xoves):
21:30H. Arrancan as celebracións cunha gran cea popular.
23:59H. Darse paso a tradicional Noite do Carro. Na que os cativos, mozos e veciños procederán a sacar o carro, que percorrerá toda a aldea, anunciando co seu son característico unha nova cita festiva. Ao remate do percorrido haberá animación musical na zoa do campo da festa estendéndose ata altas horas da madrugada.

 

 

Día 26 de agosto (venres):
11:00H: Comeza o día grande das festas cun pasarrúas amenizado pola Charanga “Los Imparables”.
13:00H. Será o turno da Misa solemne, procesión e sesión vermut tamén acompañada pola charanga.
18:00H. Comenza unha nova edición do Campionato de Bolos e xogos populares.
21:00H. Arranca a música de novo co baile de tarde a cargo da Orquesta Escaparate. Ao finalizar realizarase a entrega de premios e o sorteo das rifas.
01:00H. Verbena a cargo de Escaparate. Ao finalizar haberá de novo un Dj ata que ”o corpo aguante”.

Fotos: cedidas pola Comisión Festas.

Artigos relacionados

Back to top button