EconomíaEconomíaÚltima hora

Medio cento de asistentes na xornada sobre compostaxe celebrada na Rúa

A actividade está enmarcada na campaña formativa “Ourense Composta”
Asistentes á xornada formativa sobre compostaxe doméstica.
Asistentes á xornada formativa sobre compostaxe doméstica.

Un total de 51 persoas interesadas na compostaxe doméstica, asistían na tarde do 10 de febreiro á xornada formativa da campaña “Ourense Composta” celebrada na sala multiusos do Concello da Rúa.

A xornada supuxo a continuación da segunda fase da campaña organizada pola Deputación de Ourense en colaboración con SOGAMA, que ten por obxectivo formar á poboación que se anotou hai unhas semanas nas carpas informativas.

A presentación, consistente nunha charla teórica e práctica, correu a cargo de Mayra Moure, técnico de medioambiente da campaña de SOGAMA. Durante o acto, a técnico falou sobre a compostaxe doméstica, incidindo nos seus aspectos prácticos (como facer un bo compost, que elementos o conforman, solución de posibles problemas,…). A continuación emitíronse, a modo de resumo e repaso das explicacións teóricas, dous vídeos didácticos elaborado por Sogama, e a continuación resolvíanse as consultas e dúbidas plantexadas polos asistentes.

Artigos relacionados

Back to top button