Ourense

Medio cento de ourensáns participan nas Xornadas da Xuventude en Cracovia

O delegado de Xuventude de Ourense, David Muñoz co bispo, Leonardo Lemos, en Cracovia.
O delegado de Xuventude de Ourense, David Muñoz co bispo, Leonardo Lemos, en Cracovia.

Medio cento de mozos ourensáns, entre eles os seminaristas da Diocese de Ourense, participaron nas Xornadas Mundiais da Xuventude celebradas en Cracovia, co papa Francisco. Tamén asistiu o bispo ourensán, Leonardo Lemos, xunto co representante da Delegación de Xuventude de Ourense, David Muñoz.

Primeiramente deron a benvida ao Papa Francisco, co que despois celebraron un Vía Crucis. Os actos centrais serán durante os días 30 e 31 de xullo. O sábado levarase a cabo unha vixilia de oración ás 19:30h. O domingo, a misa de clausura e envío será ás 10h.

Artigos relacionados

Back to top button