DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Medio cento de participantes na VI Andaina de Trives

Na Finca da Barreira concentrábanse a primeira hora da mañá do domingo 10 de setembro os participantes na VI Andaina de Trives. Alí recibían unha serie de instruccións previas sobre o traxecto que de seguido ían emprender. Ás nove da mañá dábase a saída e o medio cento de camiñantes iniciaban un percorrido duns 15 km de distancia e dunha dificultade media-alta.

Trátase dunha ruta circular que rematará novamente en Trives e na que os andaríns poderán achegarse á fermosa paisaxe de montaña deste concello do oriente ourensán ao mesmo tempo que practican deporte. Despois da ruta, os asistentes poderán repoñer forzas nun xantar ofrecido pola organización e haberá asemade sorteos e agasallos.

Esta VI Andaina de Trives está sendo organizada polo Concello de A Pobra de Trives en colaboración coa Protección Civil deste municipio.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis fotos:
https://osil.info/vi-andaina-de-trives-imaxes/

Artigos relacionados

Back to top button