O pavillón vello acollía o 18 de maio este encontro, promovido polo Club Voleibol San Martiño Sección O Barco no marco das Festas da Santa Rita
De maneira lúdica, divertida e compartindo unha xornada de deporte moi familiar desenvolvíase na mañá 18 de maio o II Torneo de Voleibol en familia no pavillón vello do Barco. Medio cento de participantes, distribuídos en dez equipos, participaban nesta singular iniciativa que promovía o Club Voleibol San Martiño en colaboración co Concello do Barco, dentro do programa das Festas da Santa Rita nesta vila.
Os participantes eran, “principalmente, alumnos da escola de voleibol acompañados polos seus pais e nais, pero tamén había familiares que non residen no Barco e que viñeron a pasar as festas. Resultou moi divertido e na clasificación final quedaron todos de primeiros”, explican dende a organización deste torneo.
Fotos: Carlos G. Hervella.