En portadaÚltima hora

Medio Rural mantén “ata novo aviso” a prohibición de queimas de restos agrícolas e forestais

A consellería tomaba esta decisión tendo en conta "a variabilidade das previsións meteorolóxicas para os vindeiros días"

 

As queimas de restos agrícolas e forestais amoreados seguen prohibidas en Galicia “ata novo aviso, tendo en conta a variabilidade das previsións meteorolóxicas para os vindeiros días”, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

Este departamento autonómico tomaba esta decisión tendo en conta que “a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas así o estimen”.

 Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide a colaboración da cidadanía para que “extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, tanto ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado como a través do teléfono anónimo de denuncias destas condutas, o 900 815 085. Insistimos en que, ata novo aviso, non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal”.

 

Artigos relacionados

Back to top button