OurenseÚltima hora

Megaxove 2016 pecha as portas con máis de 9.000 visitas

Xoves de toda Galicia participaron nas máis de 150 actividades deportivas, solidarias e de ocio do salón
Vista xeral da última xornada de Megaxove en Expourense.
Vista xeral da última xornada de Megaxove en Expourense.

Despois de catro días de intensa actividade, Megaxove pechaba as portas da súa 17ª edición con máis de 9.000 visitas. Xoves e familias de toda a comunidade e do norte de Portugal achegáronse ao longo da semana ata Expourense para participar activamente nas máis de 150 opcións deportivas, culturais e de lecer que ofrecían os 30 expositores no Salón da Xuventude.

A última xornada do Salón, o xoves 8 de decembro, estivo marcada pola celebración de distintos campionatos deportivos que convocaron no recinto feiral a máis de 1.000 deportistas de diferentes edades que participaron nos torneos de xadrez, fútbol sala, kick boxing, judo, halterofilia e minibasket.

O salón da Xuventude ofreceu a posibilidade de practicar actividades xa coñecidas polos visitantes, pero serviu tamén para dar a coñecer outras vencelladas ao tempo libre, á cultura e ás disciplinas deportivas minoritarias, asi como todo aquelo que animara á participación activa e á adopción de hábitos saudables. Cada rapaz e rapaza puido escoller libremente en qué quería invertir o seu tempo de lecer: dende xogos populares e tradicionais ata a zona de videoxogos, ata deportes populares coma o fútbol sala ou xadrez e outros menos coñecidos como a esgrima antiga ou a loita.

Unha das novidades desta edición foi a área denominada “Pulpo Extreme” coordinada pola Concellería de Xuventude de Ourense que chamou a atención dos adolescentes que se animaron a practicar roller, BMX e skate. Só durante a última tarde participaron máis de 200 rapaces nos obradoiros programados sobre estas actividades.

 

Asistentes á última xornada do salón celebrada o xoves 8 de decembro.
Asistentes á última xornada do salón celebrada o xoves 8 de decembro.

Artigos relacionados

Back to top button