Mediante un sorteo resolvía a xunta electoral o empate que se producía nas votacións do pasado 9 de xullo na Denominación de Orixe Valdeorras. En concreto o empate a 14 votos tiña lugar no censo correspondente ao sector industrial (pequenas adegas). Finalmente, na tarde do 11 de xullo, decidíase tirando unha moeda ao aire, a candidatura electa. A sorte quixo que fose o representante de Melillas-A Coroa. Agora converterase no vogal das pequenas adegas no Consello Regulador da D.O. Valdeorras. A outra candidatura que conseguía tamén 14 votos no censo B era a da Asociación Agraria de Galicia, encabezada por Bodega Roandi.
Os resultados nestas eleccións na D.O. Valdeorras poden supoñer un xiro na dirección deste consello regulador, tendo lugar os cambios de representación producidos no sector dos viticultores, coa entrada dun vogal de Viticultores Independentes, e cos novos representantes das adegas.