EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Membros da ‘Cofradía del Vino Ribera del Guadiana’ visitan A Rúa

O proprama inclúe recepción no Concello e percorrido por covas e adegas, con visita ao Centro Cultural Avenida e ao Miradoiro do Barranco Rubio

 

Dous membros da Cofradía del Vino Ribera del Guadiana de Almendralejo (Extremadura) co seu presidente Marcelino Díaz González á cabeza, están de visita na localidade irmá da Rúa. Chegaban na tarde do xoves 24 de outubro e na xornada deste venres día 25 desenvolveron a maior parte das actividades previstas.

Os tenentes de alcalde rueses José Vicente Solarat López e Luis Fernández Gudiña, actuaban de anfitrións aínda que a propia alcaldesa, María González Albert recibiunos na alcaldía onde presidiu a sinatura no libro de honra da vila por parte de Díaz González.

 

Os membros da confraría con Joaquín Sánchez de Alan del Val e presidente da Ruta do Viño de Valdeorras; e o concelleiro rues Luis F. Gudiña.

 

Na intensa axenda deseñada para a visita, os membros da confraría visitaron tradicionais covas, adegas actuais e mesmo o Centro Cultural Avenida ou o Miradoiro do Barranco Rubio. Tal como explican dende o Concello de Almendralejo, esta iniciativa, que xa se aprazara nun par de ocasións anteriormente, “2estaba prevista desde a IBEROVINAC do pasado ano, cando se perfilou nun encontro entre o presidente da confraría e os concelleiros rueses, pero ata o de agora non puido levar a cabo por diferentes problemas de axendas”.

Ambas as partes mostrábanse moi satisfeitas do encontro, que pretenden que sexa “só unha doutras moitas iniciativas a poñer en práctica a curto e medio prazo”, facendo fincapé en que “desta forma tamén se realza, e sobre todo vertébrase, un irmandamento como o noso”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button