DeportesPescaÚltima hora

Membros do Club Spinning Valdeorras, clasificados para os autonómicos de Spinning Mar Costa e Salmónidos Lance e Mosca

Javier Calvo e Juan Fernández, cos trofeos do provincial de Spinning Mar Costa.

 

Moi intenso foi este mes para o club de pesca deportiva Spinning Valdeorrass que participaba en tres competicións, con clasificados para os autonómicos en todas elas.

No provincial de Spinning Mar Costa celebrado no Grove, Javier Calvo Escuredo e Juan Fernández Rodríguez quedaban 1° e 2° respectivamente por Ourense, clasificándose para o campionato galego desta modalidade.

 

Javier Calvo Escuredo.

 

Juan Fernández Rodríguez.

 

No provincial de Salmónidos Lance celebrado no río Davia, en Ribadavia, Javier Calvo Escuredo e Rubén Simón Rodríguez tamén se clasificaban para o autonómico. Nese campionato, Antonio Manzano Domínguez non tiña o día e quedaba fóra.

 

Rubén Simón Rodríguez.

 

E con respecto ao provincial de Salmónidos Mosca celebrado no couto do río Barbantiños, en Ourense, Tomás Araújo Romano lograba a 5° posición clasificándose asemade para o campionato autonómico.

 

Tomás Araújo Romano.

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button