OurenseÚltima hora

Membros do COB visitan o pavillón do IES A Laboral de Ourense

 

Na xornada do luns 5 de xaneiro o pavillón do IES A Laboral de Ourense recibía a visita do COB. Asistían  uns 170 alumnos e por parte do club o presidente, Eduardo Villar; o adestrador, Félix Alonso, e dous xogadores, Justin Turner e Romaro Gil que contaron a súa experiencia en baloncesto e contestaron ás preguntas dos alumnos que tamén tiraron unhas canastras con eles.

O pavillón deportivo forma parte do complexo do IES Universidade Laboral e Centro Residencial Docente, construído no 1975, deseñado polos arquitectos Julio Cano Lasso, José Manuel Sanz e Antonio Ortiz. A Xunta durante este verán acometeu obras de mellora do pavillón, por un importe de 471.000€, consistentes na substitución de carpinterías, substitución das cubertas dos vestiarios e a substitución do grupo térmico do edificio, que permitiron recobrar novamente a plena utilización desta importante instalación, tanto para o centro educativo como referente para o tecido deportivo da cidade.

Artigos relacionados

Back to top button