Mi boa resposta está tendo o “Campamento na Casa” proposto polo Concello da Rúa para animar aos máis pequenos e ás súas familias durante o confinamento, con gran actividade a través do Facebook.
Segundo o calendario estipulado, cada día é unha a tarefa que os pequenos deben desempeñar, subindo ás redes fotos e/ou vídeos do resultado, pero coma se dun campamento urbano ao uso se tratara, tamén recibiron varias sorpresas, por suposto virtuais.
A primeira chegaba o 10 de abril da man de Lucía Gil que enviaba unha bonita mensaxe cargada de alegría e positividade. Lucía comezou dende moi pequena unha exitosa carreira en Disney Channel, destacando tamén como unha das concursantes favoritas do programa de televisión Tu cara me suena. Na actualidade, a súa canción Volveremos a brindar xa está dando a volta ó mundo, converténdose nun himno cheo de bos desexos nestes momentos nos que hai que permanecer na casa.
A segunda sorpresa chegaba onte, mércores 16 de abril da man dun mago. O ilusionista galego Dani Polo (finalista do programa “Pura Magia”), presentaba o pasado mes de decembro no Centro Cultural Avenida, a súa “Maxia espectacular” e agora acércase ás casas dos cativos da Rúa a través dun vídeo cargado de ánimo e ilusión no quee tamén quixo incluir un fabuloso truco de maxia que poderán practicar nas casas.