ConcellosÚltima horaVídeos

Mensaxes sonoros de ánimo da xente que está fóra para os veciños de San Xoán de Río

Escoitaranse tres veces ao día a través dos altofalantes do Concello, que levaban 20 anos sen utilizarse

Un dos altofalantes recuperados polo Concello de San Xoán de Río.

 

Como un xeito de animar e de achegarse aos veciños que están confinados nas súas casas, o Concello de San Xoán de Río e Protección Civil veñen de poñer en marcha unha curiosa e orixinal iniciativa. Decidía reparar os tres altofalantes que están instalados entre a Casa do Concello e o pavillón polideportivo, que levaban 20 anos sen utilizarse, para emitir a través deles música e mensaxes de ánimo.

“Son altofalantes de hai 35 anos e usábanse daquela cun sistema para dar as horas, xa que antes a maior parte da xente non usaba reloxio e non existían os móbiles. Levaban 20 anos sen utilizarse e decidimos recuperalos para emitir a través deles as mensaxes de ánimo para os veciños que estamos a recibir no Concello da xente de Río que está fóra”, explica o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua.

 

 

A través deles estanse a emitir música, intercalada con esas mensaxes que chegan de xente de Río que está en cidades como Barcelona, Valencia,  etc. A idea é que se emitan tres veces ao día: pola mañá, a primeira hora da tarde e a última hora da tarde. Onte, luns facíase a primeira emisión.

Imaxes cedidas polo Concello de San Xoán de Río.

 

Artigos relacionados

Back to top button