ConcellosÚltima horaVídeosVilamartín

“Mercadillo Reciclar’te” e sesión vermú cos Charangaiteiros nas festas de San Xurxo, en Vilamartín

 

Vilamartín de Valdeorras celebra esta fin de semana as festas patronais na honra a San Xurxo. O día festivo era o mércores 23 de abril con procesión e misa, pero non era ata o venres pola noite cando comezaba as festas propiamente ditas coan baile e verbena a cargo do grupo Fussion e Dj Isra na Discomóvil Opium.

A xornada deste sábado comezaba cunha nova edición do “Mercadillo Reciclar’te” da ANPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino na praza do pobo, con postos de artesanía, produtos típicos, licores, oportunidades, segunda man,… e a sesión vermú coa música dos Charangaiteiros na que estaba prevista unha demostración de enxerta que foi suspendida a última hora.

 

 

Pola tarde haberá bingo popular organizado tamén pola ANPA, unha exposición de Vilaboy no Centro Vía Nova, unha cata conferencia no Santa Lucía e baile en sesión de tarde e verbena con La Banda de Ayer e de novo Dj Isra na Discomóvil Opium.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button