Un ano máis, nun dos días clave destas festas, abría o Mercadiño de Nadal de Vilamartín de Valdeorras organizado pola ANPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino, que tamén elaborou un Belén que pode verse no local que teñen nun dos baixos da praza José Luis Núñez.
Unha praza que na mañá deste frío martes 24 de decembro enchíase de música e postos de artesanía, de productos típicos e non típicos, oportunidades, licores, chocolate, artigos de segunda man, plantas. Todo un abano de posibilidades para todo aquel que se achegaba, sen esquecer o polbo á feira.


E entre compra e compra, algunha que outra sorpresa como as visitas como o tren percorrendo a vila, e as visitas de personaxes navideños como Mickey e Minnie e por suposto Papá Noel que estará pola tarde coa súa casiña rodante, acompañando aos cativos.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.