En portadaÚltima hora

Mercar en Trives do 27 de outubro ao 2 de novembro ten premio

Ponse en marcha unha campaña na que se sortearán ata 900 euros en premios

Unha das rúas de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Trives, coa Federación de Comercio de Ourense, a Federación Galega de Comercio, Xunta de Galicia, Abanca e Femxa vén de iniciar unha campaña de promoción e posta en valor do comercio local. Así entre o 27 de outubro e o 2 de novembro as persoas que merquen nos establecementos triveses deberán gardar os seus tíckets de compra para poder participar na campaña.

 

 

“O día 2 de novembro poderanse canxear os tíckets por boletos de participación. Celebraremos un sorteo diante do público presente o día 2 de novembro as 20,05h: hai 900€ en premios. Así haberá dous gañadores/as dunha tarxeta prepago de Abanca de 300€ e seis gañadores/as de tarxetas de 50€. Todas esas tarxetas poderán ser empregadas para mercar no comercio local de Trives”, explican dende o Concello de Trives.

Tratase dunha campaña “para apoiar, promocionar e axudar aos nosos comerciantes e fomentar o comercio de proximidade”, conclúen dende o Concello Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button