CulturaCulturaÚltima hora

Mercedes Barros e Elena Díaz, dúas escritoras noveis naturais de Éntoma (O Barco)

Editorial Galbá publica os seus libros "El Oso Jafi, aventuras en el bosque" e "Helen Little Flower", ambos dispoñibles en Amazon

Mercedes Barros e Elena Díaz.

 

A comezos do mes de decembro, pechando o ano 2023, a Editorial Galbá predentaba dous interesantes libros de escritoras noveis, Mercedes Barros e Elena Díaz, publicados en Amazon. Dúas obras moi diferentes (un libro de contos e outro de humor satírico da vida cotiá) pero cun nexo común, a orixe das súas autoras, Éntoma (O Barco de Valdeorras).

 

“El Oso Jafi: aventuras en el bosque”.

 

Mercedes Barros compaxina o seu tempo coa familia, a docencia e a escritura, presentando a súa primeira colección de contos El Oso Jafi, para nenos e non tan nenos, inspirado no amor dunha nai e o cariño dunha mestra. No primeiro, Aventuras en el bosque, o protagonista presenta aos seus amigos resolvendo con paciencia e sabiduría os problemas. A tía Valentine, o castor Álex, a osita Josephine, o mapache Randy, o alce Fred, o lobo Shaba, o zorro Mike,… Un libro que a autora desexa que “axude a formar a persoas cuns valores para a vida: o diálogo, a colaboración, a amizade e a empatía”.

 

“Helen Little Flower”.

 

No caso de Elena Díaz, sendo moi nova pasou un tempo en Suíza e posteriormente trasladouse a Madrid para iniciar a súa carreira militar, o que lle permitiu coñecer xente moi variopinta acentuando a súa bis cómica cargada de acidez e ironía, que conforman o seu selo de identidade e que plasma en Helen Little Flower. Pensamientos I. Trátase dunha dunha recompilación e selección de entradas ao seu blog, que presenta unha sociedade pasada por un fino baruto. Reflexións sobre a vida cotiá desde un punto de vista cargado de realista acidez e un elegante sentido do humor e do amor. “Fálanos do seu día a día como a veciña que atopamos no ascensor ou na fila da froitería, de maneira natural, sen medo e a tranquilidade dunha conciencia en estado de permanente felicidade”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button