OurenseÚltima hora

Mesa redonda sobre a “Gallaecia: celtas e celtismo” no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las

Será o vindeiro sábado 23 de novembro ás 11h. e contará coa participación de catro investigadores

Publicidade
Xacemento arqueolóxico de San Cibrao de Las, xunto ao Parque Arqueoloxico da Cultura Castrexa (San Amaro/Punxín)./ Foto: A.R.

 

O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica (PACC) en San Cibrao de Las (San Amaro/Puxín) acollerá o vindeiro sábado 23 de novembro ás 11 h. a mesa redonda “Gallaecia: celtas e celtismo” coa participación de Rosa Brañas, doutora en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e profesora asociada de Historia Antiga na Universidade de Vigo; o investigador Martín Fernández Calo, último gañador do Premio Manuel Murguía de ensaio coa obra “Callaici principes. Os soberanos da Galiza castrexa”; e Marcial Tenreiro Bermúdez, profesor-titor na UNED de Historia antiga e Arte antigo. A mesa estará moderará por José Carlos Carrasco Valor, membro do equipo do PACC.

Neste acto abordaranse “a orixe dos poboadores do noso territorio nas Idades do Bronce e do Ferro, dentro do programa de actividades da concellaría de Cultura de San Amaro”, segundo informa o concelleiro de Cultura de San Amaro, Carlos Paz. A organización do acto correrá por conta de Cristina Vázquez.

Artigos relacionados

Back to top button