O ciclismo é o gran protagonista da xornada deste sábado 25 de febreiro en Valdeorras. Con cambios no horario por mor das inclemencias do tempo, a terceira etapa da volta ciclista O Gran Camiño chegará en torno ás tres da tarde, pero xa pola mañá se vían ciclistas pola zona.

En concreto era un grupo duns vinte ciclistas, encabezado polo campión Miguel Indurain, o que participaba nunha ruta turística organizada polo Santander (patrocinador de O Gran Camiño) para os traballadores das súas oficinas de Galicia e algunha doutras comunidades veciñas.
Pola mañá saían dende a praza do Concello do Barco onde regresaban en torno ao mediodía despois de percorrer localidades como Larouco, A Rúa, Vilamartín, Arnado ou Rubiá.
Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.
Vídeo: Carlos G. Hervella.
Máis información:
https://osil.info/miguel-indurain-valora-a-ruta-cicloturista-desta-mana-en-valdeorras/




