
Xa se coñece o nome dos ganadores do XI Premio de Fotografía Rosa Pons que convoca o Concello de Parada de Sil. O seu xurado reuníase o 9 de agosto e estaba formado polo escritor e fotógrafo Emilio Araúxo e polo editor e xornalista Pepe Arias, actuando de secretario o presidente da Asociación Cultural Ouro do Sil, Xosé Antón Vázquez. Nesta edición concurriron 101 fotografías no tema libre e 38 na modalidde de fotografía de Parada de Sil, referente a bens artísticos, culturais, naturais ou persoeiros do concello.
Despois dunha longa deliberación, o xurado acordaba conceder o primeiro premio á fotografía titulada “Paseo Matinal” de Miguel Planells de Girona na modalidade tema libre, dotado con 700 euros; quedando en segundo lugar a fotografía de Pablo Pérez de Urretxu con 200 euros
Na categoría de visións de Parada de Sil os 800 euros do primeiro premio foron para o ourensán José Manuel Novoa e o segundo premio de 300 euros para a foto titulada “En busca del patio perdido” de Rosa aVillar, unha asidua participante neste concurso.
A alcadesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome, vén de amosar a súa satisfacción pola importante participación de autores de trece comunidades autónomas e quere aradecer o patrocinador deste concurso Camilo Yáñez Pons a súa xenerosidade, así como ao xurado que de xeito altruísta axudou a resolver o concurso.
Dende o día 15 en horario de oficina poderán verse as fotos no salón de plenos do concello