OurenseÚltima hora

Minuto de silencio na Subdelegación do Goberno en Ourense polo atentado de Londres

No mediodía do 5 de xuño tiña lugar no exterio do edificio da Subdelegación do Goberno en Ourense un acto en recordo das vítimas do atentado do pasado sábado á noite en Londres. Funcionarios, persoal da Administración Periférica do Estado e cidadáns gardaban un minuto de silencio en repulsa polo citado atentado.

Como mostra da dor, as bandeiras do edificio ondearán a media asta dende as 09:00 horas do día de hoxe, 5 de xuño, ata as 09:00 horas do día 7 de xuño.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button