Na tarde deste mércores 10 de xullo completábanse os actos festivos do CarnaVrao 2024 organizado pola Asociación Sociocultural San Cristóbal da Rúa. Tras a exitosa cea popular do 5 de xullo e o desfile de comparsas do día, hoxe celebrábase a misa na honra de San Cristóbal na igrexa parroquial de Fontei, oficiada por tres sacerdotes.
De seguido tiña lugar a bendición de vehículos engalanados no adro da igrexa, na que o sacerdote, pedía tamén aos condutores prudencia á hora de circular polas estradas, indo coche por coche para que non quedara ningún sen a auga bendita. E xa despois dábase paso á procesión rumbo a Petín para rematar en San Roque, na Rúa Vella, acompañados por varios membros de Protección Civil que abrían e pechaban a singular comitiva.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.