ConcellosLaroucoÚltima horaVídeos

Misa en galego na honra á Nosa Señora do Rosario, en Seadur (Larouco)

Tamén se inauguraba o futuro “Fogar de Acollida Padre Seixas”

 

Hoxe, 7 de outubro, é o día de Nosa Señora do Rosario, data que se conmemora en numerosas localidades. Unha delas é Seadur, no Concello de Larouco, que recuperaba este ano a celebración.

 

Inauguración do futuro fogar de acollida Padre Seixas.

 

O programa, organizado por Constantino González Rey, veciño do pobo, comezaba segundo o previsto coa coa inauguración do futuro “Fogar de Acollida Padre Seixas” en memoria de Xaime Seixas Subirá (Santiago, 1915-Valladolid, 1994), relixioso da orde Xesuíta, de fortes conviccións democráticas e profundo defensor da lingua e cultura galegas.

 

Futuro fogar de acollida Padre Seixas.

 

Con todo, o acto central era a eucaristía na honra da Virxe na igrexa parroquial de Seadur, presidida polo sacerdote Ramiro Martínez, párroco de Cervantes, nos Ancares, que viña expresamente para a celebración xa que o organizador quería que fose en galego e o Pai Ramiro é un dos poucos que o fai, interactuando ademais cos fegreses. De feito, antes de comezar a misa ensaiaban un cántico para interpretar todos xuntos durante a celebración.

 

Igrexa parroquial de Seadur.

 

A lectura era lida por unha veciña, Rosario, que celebra hoxe o seu santo. Ao acto tamén asistía a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamelas, e uns gaiteiros que lle poñían música.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button